A Fundación Banda de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra promulga a valorización, o respeto e a transmisión interxeracional tanto da música como da tradición galega. Estas labores son realizadas a través da Banda de Gaitas, activa dende o ano 2001, e da importante labor formativa da Escola de Gaitas e Percusión da Provincia de Pontevedra. Un proxecto formativo, dirixido por Hipólito, creado para dar a coñecer, respectar e transmitir tanto a música como a tradición galega a través da gaita e percusión galega e que conta con cifras tan importantes como estas:
A Escola de Gaitas nace en 2005, inicialmente coas Escolas do Salnés (Vilanova de Arousa), Deza (Lalín), Morrazo (Cangas), Centro (Pontevedra) e Sur (Vigo) .
A Escola comeza a súa andaina con 278 matrículas, na actualidade estamos preto das 700. En Agosto do 2015 a nova corporación da Deputación de Pontevedra rescinde o apoio a Escola quedando con dúas Escolas, Vigo e Pontevedra.Hoxe en día, a Escola é un viveiro de alumnos para moitas agrupacións e asociacións muscaís da provincia.